• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

2.9/5 [5879 Voto/s]

14.07.2015

O Proxecto Dorna no "XII Encontro de Embarcacións Tradicionais" en Cabo de Cruz, Boiro

Do 9 ao 12 tivo lugar en Cabo de Cruz, Boiro, o "XII Encontro de Embarcacións Tradicionais"

Esta edición do encontro foi todo un éxito según os organizadores cumplíndose as expectativas e os seus obxectivos. Mais de 100 embarcacións de 6 países diferentes participaron nas actividades programadas, entre as que estaban a "II Regata de Velas Cangrexeiras", onde ata un barco vikingo participou. Un total de 80 voluntarios garantiron un correcto e óptimo desenrrolo das xornadas.

No encontro, o proxecto Dorna tivo o seu espazo coa exposición da maqueta da eco-embarcación en madeira deseñada polo proxecto. Pensada para actividades profesionais de pesca, esta embarcación foi deseñada baixo os principios de eco-construcción e durante a investigación e posterior desenrrolo incidiuse nos criterios de ergonomía e seguridade de uso, economías da construcción, adaptada á alternancia de artes de pesca e conservando a identidade cultural das comunidades pesqueiras

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu