• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4344 Voto/s]

31.03.2010

Próxima reunión DORNA: LISBOA

Definirase a marca BATE e desenvolverase o Plan de mellora de infraestruturas de estaleiros tradicionais.

O vindeiro 9 de abril celebrarase a cuarta reunión do Comité de Pilotaxe en Lisboa, composto por un representante de todos e cada un dos socios e un representante das entidades que se integran no partenariado, como resultado da identificación dos principais actores clave.

Entre outras funcións, o Comité de Pilotaxe ten un labor esencial dentro do Programa de seguimento e avaliación do proxecto DORNA

Ademais, e dentro dos obxectivos do proxecto, programáronse unha serie de visitas a estaleiros locais con motivo da elaboración do Plan de mellora das infraestruturas físicas dos estaleiros tradicionais que poidan ser recuperados nas rexións do litoral atlántico europeo, asegurando así a súa conservación e posta en valor.

Destacamos a primeira reunión de expertos para tratar a creación da marca BATE (Barco Atlántico Tradicional Europeo). Coa creación da devandita marca preténdese estimular a busca de solucións para a mellora da competitividade dos estaleiros: comercialización; formación común, etc., favorecendo a supervivencia dos pequenos estaleiros a través das canles de comercialización e internacionalización de PEMES.

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu