• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [6661 Voto/s]

27.01.2014

Celebración do 10º Comité de Pilotaxe do Proxecto Dorna

O martes día 28 de xaneiro terá lugar a 10ª reunión do Comité de Pilotaxe do Proxecto Dorna. Celebrarase nas instalacións do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), en Vigo.

Aproveitando a visita ás instalacións do CETMAR e a participación do Centro nas actividades que se están desenvolvendo durante a prórroga do Proxecto Dorna, os socios poderán ver e comprobar in situ os avances alcanzados nas Actividades 9 e 10.  Estas dúas actividades son, respectivamente, a creación da Rede Permanente de Colaboración na Costa Atlántica e a creación dun prototipo de buque en madeira para a pesca artesanal.
Trataranse outros temas de interese en relación á xestión técnica e financeira do proxecto e cada socio realizará unha breve presentación das actividades que desenvolve.
 A continuación abrirase unha quenda de debate e toma de decisións en común de todos os puntos fixados na Orde do día correspondente.

Para máis información consultar a Orde do Día.
 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu