27.11.2013
A Universidade da Coruña a través da FUAC (Fundación Universidade da Coruña) formará parte do partenariado do proxecto Dorna. Este partenariado brindase a oportunidade de pór en común os estudos levados a cabo desde a Universidade co traballo realizado polo equipo do proxecto Dorna.
O Departamento de Construcións Arquitectónicas que traballará no proxecto Dorna, desenvolve unha liña de investigación similar ao do proxecto centrada no estudo dos estaleiros tradicionais.
O proxecto Dorna aborda cuestións de interese, non só para un ámbito rexional senón do conxunto do arco atlántico, onde a UDC como socio axudará ao fortalecemento e engadirá valor aos resultados finais do proxecto, achegando calidade científica e tecnolóxica. Ademais contribuirá ao impacto esperado e descrito na convocatoria, redirixindo o Newsletter e os plans de difusión a toda a comunidade académica.
© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu