• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [6946 Voto/s]

30.09.2013

O proxecto da reconstrución da Nave San Juan no Salón Náutico de Barcelona

O proxecto da reconstrución da Nave San Juan do século XVI estará presente na exposición de mariña tradicional do Salón Náutico de Barcelona na cal tomará parte Albaola, a asociación para o patrimonio marítimo do País Vasco encargada de reconstruír esta nave baleeira entre 2014 e 2016.

Con motivo da Capitalidade Europea da Cultura da cidade de San Sebastián para o 2016, a Nave baleeira San Juan estará a ser fielmente construída no Estaleiro-Museo de Pasaia, como se facía naquela época. A partir de xaneiro do 2014, o público visitante descubrirá “in situ” o traballo de reconstrución do barco cuxas dimensións alcanzan os 22 metros de eslora e os 7,5 metros de manga.


Un barco emblemático
A Nave San Juan é a testemuña directa dun período da historia marítima vasca, concretamente, o da caza da balea. Os mariñeiros e barcos vascos asucaron e dominaron as augas a de medio mundo facéndose co monopolio do mercado de aceite de balea. A Nave San Juan é o exemplo máis vibrante, polo seu naufraxio en 1565 e polo seu posterior achado en 1978.
Xamais na historia un navío fora tan longamente estudado como o foi o San Juan, cuxo pecio ilustra a imaxe que a Unesco utiliza como símbolo do patrimonio mundial da arqueoloxía submarina. As informacións provenientes da procura arqueolóxica levada a cabo pola sociedade pública Parcs Canada permiten contemplar na construción da réplica máis fiel xamais realizada.


Presentación no Salón Náutico de Barcelona
Xabier Esgote, Presidente de Albaola e Mestre carpinteiro presentará o día 28 de setembro, ás 12:30h o proxecto de reconstrución da Nave dentro do programa oficial de actos. A presentación terá lugar no Espai do Mar no Moll da Fusta.  
Ademais, a asociación Albaola atenderá ao público nunha caseta entre o 24 e o 29 de setembro, no cal se presentará a maqueta do pecio elaborada polo membro de Albaola e da Sociedade Oceanográfica de Gipuzkoa Joseba Burdain. Esta acción permitirá divulgar a cultura marítima vasca, informar os contidos do proxecto da Capital Europea da Cultura Donostia/San Sebastián 2016, e finalmente promocionar turísticamente a comarca de Oarsoaldea e destinos que colaboran co proxecto da Nave San Juan como Zerain ou Sakana.  Para o sector profesional, un técnico estará presente na caseta para deseñar e expor posibles acordos de colaboración.

 Máis información: www.albaola.com

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu