• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [6966 Voto/s]

09.09.2013

Aprobada a ampliación do proxecto DORNA presentada pola Deputación da Coruña no marco do Programa Espazo Atlántico.

Os socios do proxecto contarán con seis meses de prórroga para executar novas accións dentro do Proxecto Dorna, tras aprobar o Comité do Programa Espazo Atlántico a solicitude de ampliación de prazo.

O 9 de xullo, o Comité de Seguimento do Programa Espazo Atlántico reuniuse para decidir sobre as propostas recibidas no marco do Fondo Especial de Extensión para os proxectos aprobados.

Entre as propostas aprobadas atópase o proxecto Dorna promovido polo persoal técnico da Unidade de Xestión de Proxectos do Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e Unión Europea da Deputación da Coruña.

A ampliación do proxecto é de 6 meses e ten un orzamento total de 232.000 euros, cunha cofinanciación por parte do FEDER de 65%.

O principal obxectivo da ampliación do proxecto DORNA é o reforzo do tecido empresarial das zonas costeiras mediante o apoio á innovación e o desenvolvemento da construción naval en madeira, optimizando o uso dos recursos locais e reducindo o impacto ambiental da actividade.

 

O Proxecto DORNA conseguiu avanzar na conservación do patrimonio marítimo tradicional e da construción naval en madeira desde un dobre plano. Por unha banda o inventariado e recompilación do patrimonio existente. Doutra banda, a dinamización económica desde diversos puntos de vista: comercial (Marca BATE, plataforma comercialización embarcacións), innovadora (Econavegación, Análise do ciclo de vida), turística (Exposicións e produto turístico integrado).

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu