• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [6049 Voto/s]

14.06.2013

O último barco de vapor español en funcionamento, o Hidria II, quere volver á súa terra, Galicia

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial promove unha campaña crowfunding (multifinanciamento) para reunir o diñeiro necesario co que o barco de vapor Hidria II poida realizar este emotivo retorno a Galicia. A protección e valorización do extraordinario patrimonio marítimo e fluvial, tanto o material como o inmaterial, é o gran obxectivo da Federación.

O vapor Hidria Segundo rescatouse dun despezamento no ano 1997 para convertelo nun buque museo e buque de pasaxeiros. A restauración levounos 9 anos e tivemos que cambiar as nosas vidas vendendo todo o que tiñamos. Non nos arrepentimos, conseguímolo. Pero agora necesitamos o apoio de todos vós para que poida volver  á terra onde pertence, a Galicia. O Patrimonio marítimo en España necesita a axuda de todos para que a nosa historia non desapareza. A vosa achega fará posible que o Hidria Segundo poida cambiar a súa maneira de interactuar coa poboación. A nosa intención é unha vez esteamos xa en Galicia formar unha asociación onde os socios poidan gozar do uso do barco de distintas maneiras dependendo do seu tipo de cota, garantindo así o mantemento anual do barco e contribuíndo tamén a que a entrada a bordo para o resto da poboación sexa simbólica. Un buque museo a vapor para todos.

O Hidria acadou o 62% pero só restan 14 días para conseguir os 6000 euros que precisa. A FGCMF ten aberta a conta 2080 5414 61 3040112023 onde se pode facer un ingreso indicando no concepto "Apoio Hidria" e logo enviar un correo a fgcmf@culturamaritima.org confirmando o ingreso para así ter un medio de contacto con esa persoa. A FGCMF comprométese a transferir os ingresos a través de lánzanos.com  ao Hidria, e caso de que non se acadasen os 6000 euros a devolver eses ingresos aos doadores. Por suposto os ingresos constarán a nome dos doadores excepto que a persoa indique explicitamente o contrario.

Faltan apenas catorce días para poder facer realidade que o vapor Hidria Segundo regrese a Galicia. Agora fai falta un último impulso: o Hidria Segundo pode estar este verán en Galicia. Tal vez xa participando na próxima edición dos "Encontros" galegos.

 

Máis información

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu