• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4860 Voto/s]

22.03.2010

Programa de Iniciativas Oceánicas

Unha cita anual de sensibilización e mobilización cidadá. Alerta aos medios de comunicación sobre o problema dos macro refugallos.

Surfrider Foundation, propuxo que Donostia - San Sebastián sexa a Capital Europea de INICIATIVAS OCEÁNICAS 2010, unha cita anual de sensibilización e mobilización cidadá e alerta aos medios de comunicación para sensibilizar á xente sobre os problemas dos macro refugallos.

Este ano, esta iniciativa concretouse nun programa de actividades de mobilización, celebración e sensibilización en que participan asociacións (de carácter cultural, medio ambiental, científico…), centros educativos, institucións e persoas a título individual. Máis de 40 asociacións e persoas anónimas da Eurocidade (eixo transfronteirizo Donostia - San Sebastián/Baiona) apoiaron a organización e desenvolvemento do evento, que tivo lugar os días 19, 20 e 21 de marzo.

Concretamente o 21 de marzo foi o día dedicado ao gran público e Oarsoaldea participou cun posto de DORNA en pleno paseo da Concha.
O proxecto DORNA participou cun posto composto por elementos relacionados coa construción de embarcacións tradicionais e cun barco en terra coas velas despregadas, que fixo do posto DORNA un dos mas rechamantes e visitados de entre os máis de 40 postos distribuídos por todo o paseo marítimo donostiarra. Nese medio repartiuse material de difusión (trípticos informativos, carteis e chaveiros) e informouse á xente do proxecto e dos seus contidos.

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu