• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [6702 Voto/s]

06.06.2013

Foro Isaac Díaz Pardo. Empresa e Cultura

A tradición como fonte de innovación e factor de excelencia define o marco de reflexión do I FORO “ISAAC DÍAZ PARDO” EMPRESA E CULTURA, onde poderemos coñecer algunhas experiencias galegas pero tamén doutros países sobre produtos desenvolvidos por empresas baseados en elementos da tradición cultural.

Desde a súa creación no ano 1977 o Museo do Pobo Galego ten como fin "... a investigación, estudo, difusión, conservación, defensa e promoción da cultura galega", tal e como recollen os seus estatutos. Na consecución destes obxectivos desenvolve un amplo programa de actividades no que ata a data a penas se ten traballado na área da actividade das empresas e a súa achega á construción da cultura galega.
A relación Empresa e Cultura forma parte dun amplo debate na sociedade sobre o que se dou en chamar “responsabilidade social corporativa”, que en Galicia tamén ten presenza aínda sen existir unha ampla tradición no mecenado cultural por parte
das empresas galegas.
Neste tempo de crise onde é preciso revisar o papel de todos e cada un dos axentes sociais no espazo cultural, o Museo do Pobo Galego quere abrir un foro de reflexión e debate sobre o papel das empresas na cultura galega e da cultura galega nas empresas, que a súa vez sexa unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo, patrón e presidente do noso Padroado, home da cultura e da empresa, por ser o mellor referente da conxunción Empresa e Cultura, ámbito de actuación do foro.
Habitualmente o enfoque deste debate realízase sobre o papel da empresa como promotora ou patrocinadora de actividades culturais, considerado como parte por unha banda das súas obrigas para a sociedade no seo da que desenvolve a súa actividade e por outra como unha ferramenta de imaxe da propia empresa, que lle permite fidelizar a súa marca e afianzar a súa posición no mercado.
Para esta primeira convocatoria, a celebrar sábado 15 de xuño de 2013, o Museo do Pobo Galego quere utilizar unha perspectiva diferente e centrar o foro no que a cultura propia de Galicia pode achegar á actividade produtiva das empresas e como contribuír á consecución de novos produtos que, respondendo ás necesidades actuais da sociedade, se incardinen na nosa tradición cultural.
A tradición como fonte de innovación e factor de excelencia define o marco de reflexión do I FORO “ISAAC DÍAZ PARDO” EMPRESA E CULTURA, onde poderemos coñecer algunhas experiencias galegas pero tamén doutros países sobre produtos desenvolvidos por empresas baseados en elementos da tradición cultural.
Experiencias alleas como a que representa en Francia o “label” Entreprise du Patrimoine Vivant, outorgado polo Estado a aquelas empresas que se distingan por un saber facer artesanal e industrial de excelencia, ou a recuperación dos “lenços de namorar” pola Aliança Artesanal Cooperativa de Vila Verde en Portugal, permitirannos coñecer o alcance e posibilidades para a actividade empresarial e o desenvolvemento de novos produtos baseándose na cultura e saber facer propios.

Máis información

 

 

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu