• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

2.9/5 [7451 Voto/s]

22.02.2012

Conferencia Atlántica "Economía Marítima - compoñente esencial da Estratexia Integrada para o Espazo Atlántico"

Dublín, 7 febreiro 2012

O martes 7 de febreiro de 2012, 170 representantes de organizacións públicas e privadas, autoridades locais e rexionais, universidades e institucións de investigación de todo o Espazo Atlántico reuníronse no Grand Hotel, Malahide, Dublín con motivo da conferencia “A Economía Marítima: unha compoñente clave para a Estratexia de Xestión Integrada da UE para Espazo Atlántico”, evento organizado pola Border, Midland and Western (BMW) Regional Assembly,no marco da presidencia do Programa Espazo Atlántico no 2011.

O Programa Espazo Atlántico é un dos programas de cooperación transnacional (INTERREG 4B) no marco do obxectivo de cooperación territorial europea. Cobre toda Irlanda e as rexións atlánticas de España, Francia, Portugal e Reino Unido (incluíndo Gales).

 

Xunto con Simon Coveney, T.D. (Ministro irlandés de Agricultura, Medio Mariño e Alimentación), representantes da Autoridade de Xestión do Programa Espazo Atlántico, DG Mare (Comisión Europea), a Conferencia de Rexións Marítimas Periféricas ou o Instituto Mariño irlandés, salientaron o enorme potencial do Océano Atlántico e destacaron que a estratexia é unha oportunidade para promover o crecemento sustentable en Irlanda e o Espazo Atlántico, que tamén pode beneficiar a outras partes da Unión Europea.

Para ver os relatorios: Presentacións da Conferencia

Na conferencia destacouse que o Programa Espazo Atlántico, que na actualidade ten 39 proxectos nas áreas prioritarias mariña e marítima da estratexia, pode enorgullecerse pola alta calidade e o equilibrio dos seus partenariados que poderán contribuír na construción da estratexia. 

Para ver os proxectos (mención ao Proxecto Dorna na páxina 7): Proxectos con dimensión marítima

O Programa foi presentado como un vehículo para a estratexia, o que permitiría a execución de accións conxuntas neste ámbito. Para concluír, cinco proxectos financiados no marco do Programa foron presentaron para demostrar a eficacia da cooperación transnacional no apoio para o sector marítimo.

 

Máis información sobre a noticia: http://atlanticarea.ccdr-n.pt/dest2009-es?set_language=es

Para saber máis: Estratexia Maritima para o Espazo Atlántico 

Nota de prensa (só inglés): PRESS RELEASE: Marine Economy Conference 2012 - The Marine Economy a key component of the EU Integrated Strategy for the Atlantic Area

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu