• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [6831 Voto/s]

07.10.2011

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, clausurou as xornadas sobre o Proxecto europeo DORNA celebradas no Museo do Pobo Galego

Entre os fins que persegue este proxecto Quintana destacou o recoñecemento social da carpintería de ribeira, a dinamización económica e a protección do valor cultural

Santiago, 7 de outubro de 2011

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana clausurou esta mañá as Xornadas Técnicas do Proxecto DORNA que durante dous días reuniu en Compostela a expertos en embarcacións tradicionais, construción de barcos de madeira e rehabilitación de antigos edificios de carpintería de ribeira de España, Escocia, Francia, Irlanda e Portugal.

Quintana destacou a importancia da incorporación de I D i á carpintería de ribeira como un dos retos, que permitirán manter a construción de embarcacións tradicionais. Ademais, explicou que entre os obxectivos que persegue o proxecto europeo atópase o recoñecemento social da carpintería de ribeira, a dinamización económica e produtiva e a protección de valor cultural.

A Conselleira destacou o traballo realizado nos últimos anos. “O inventario de embarcacións é unha gran ferramenta para a conservación do patrimonio”. Rosa Quintana lembrou aos asistentes ás xornadas que a marca BATE é unha “poderosa ferramenta para comercializar os produtos” e que o proxecto incorpora actividades dirixidas á diversificación da construción naval en madeira e que tamén servirán para dinamizar o turismo.

A responsable da Consellería recalcou que “os resultados do proxecto permiten manter a esperanza” e agradeceu a todos os socios o traballo realizado e tamén ás institucións que fixeron posible o seu desenvolvemento. A representante autonómica finalizou a súa intervención dirixíndose directamente aos carpinteiros de ribeira: “A Consellería quere apoiarvos en todo na medida das posibilidades. Sodes portadores dun patrimonio moi valioso para o futuro de Galicia, por iso, anímovos a seguir traballando”.

Conferencias desta mañá:

A xornada de hoxe contou con sete conferenciantes que ofreceron as súas experiencias. En primeiro lugar interveu Pedro Taboada do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, que falou sobre o inventario Dorna e os catálogos do patrimonio marítimo do Espazo Atlántico. Liño Lema, da Consellería do Mar, abordou os plans de mellora das infraestruturas dos estaleiros tradicionais. A terceira conferencia estivo impartida por Filipe Duarte da Asociación das Industrias Navais de Portugal, que presentou a marca BATE e unha plataforma web a través da cal se comercializan embarcacións tradicionais. Baixo o título “Espazos de Innovación na carpintería naval tradicional”, presentou un relatorio Erme Pedroso, da Axencia de Desenvolvemento Comarcal Oarsoaldea.

Emma Pla presentou a marca turística “Cultura Marítima Atlántica”, un produto creado pola Deputación Provincial da Coruña para a promoción e xestión de 22 rutas turísticas desenvolvidas ao redor de estaleiros e embarcacións tradicionais que ademais incorporan outros atractivos como faros, mercados, lonxas, tabernas e hoteis con encanto, museos do mar, etc…

Daniel Clement, director do Secretariado Técnico Conxunto do Espazo Atlántico, falou sobre o futuro dos proxectos financiados a través de devandito programa. Sobre isto sinalou: “Dorna non ten por que acabar. Si hai interese para facer máis dentro do marco do proxecto hai que seguir adiante”.
Por último, interveu na xornada desta mañá Luís Cuervo Spottorno, da Comisión Europea (DG Mare), que realizou unha radiografía da política marítima da Unión Europea e da Estratexia Marítima Atlántica. “Estas políticas deben achegar un valor socioeconómico a todas as actividades que teñen que ver co mar. Debemos axuntar esforzos e conseguir a máxima eficiencia”, destacou na súa intervención Cuervo Spottorno.
 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu