• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4647 Voto/s]

15.03.2010

DORNA con AGALCARI

O pasado 13 de marzo presentouse o Proxecto DORNA á Asociación Galega de Carpintaría de Ribeira (AGALCARI).

 Durante o encontro, debateuse acerca da situación actual do sector da carpintaría de ribeira en Galicia. Doutra banda, analizáronse as potencialidades que o proxecto DORNA pode achegar ao sector da construción de embarcacións tradicionais.

Así, informouse a AGALCARI sobre os obxectivos do proxecto, a metodoloxía de traballo e os resultados esperados, e establecéronse as bases de colaboración coa asociación, axentes directamente implicados na temática do proxecto.

AGALCARI creouse para a representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos seus afiliados, así como para fomentar a solidariedade entre estes promovendo e creando servizos comúns.

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu