• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [6879 Voto/s]

06.10.2011

A Directora Xeral de Desenvolvemento da Consellería do Mar cualifica o Proxecto DORNA como “a ponte que nos leva do pasado ao futuro”

Esta mañá inaugurou as Xornadas Técnicas coas que finaliza este proxecto, financiado con fondos FEDER, no que participan expertos de cinco países europeos.

Santiago, 6 de outubro de 2011

Para Susana Rodríguez Carballo, Directora Xeral da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, as Xornadas que se celebran no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela e que finalizarán o sábado 8 “son o final dun traballo, o proxecto Dorna, que comezou no ano 2009. Dorna naceu coa vocación de levarnos do pasado ao futuro”. En palabras da Directora Xeral o Proxecto Dorna permítenos facer unha revisión do sector da construción naval en madeira dentro do ámbito europeo que comprende o “Espazo Atlántico” e “hoxe están aquí expertos de varios países para que coñezamos esa realidade de primeira man”.

Tras a inauguración, a xornada matutina transcorreu con relatorios dos representantes de Escocia, Irlanda, Gales, Francia, Portugal e Galicia, quen foron narrando cada unha das experiencias nas que están inmersos cun denominador común: a recuperación das embarcacións tradicionais emblemáticas de cada un deses países. Por Galicia interveu Xerardo Triñanes, presidente de AGALCARI (Asociación Galega de Carpintería de Ribeira) que agrupa a 20 estaleiros e carpintería de ribeira e que mantén unha intensa actividade na recuperación e construción de dornas e outras embarcacións tradicionais de Galicia. Podedes atopar toda a información en www.agalcari.es

A xornada de tarde tivo a formación como eixo vertebrador dunha mesa redonda moderada por Enrique Otero, da Consellería do Mar e na que participaron formadores do cinco territorios representados nestas Xornadas.

O Proxecto DORNA céntrase na recuperación e conservación do patrimonio náutico tradicional desde a perspectiva do crecemento económico sustentable e a diversidade cultural.

Financiado pola Unión Europea no marco do Programa transnacional Espazo Atlántico, finaliza o seu período de execución o 31 de outubro de 2011. No transcurso do este período desenvolvéronse unha serie de actividades das que se obtiveron distintos produtos que serán analizados nas presentes Xornadas e que tamén se poden atopar na web do proxecto (www.proyectodorna.eu).

É tamén obxectivo destas Xornadas crear unha rede de traballo dentro do ámbito do Espazo Atlántico para garantir a transferencia das accións a realizar como resultado deste proxecto

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu