• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [7770 Voto/s]

20.09.2011

Xornadas Técnicas do Proxecto. DORNA Aberto período de inscrición

Celebraranse o 6, 7 e 8 de outubro 2011 no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela).

O patrimonio náutico tradicional está a seguir un proceso de perda e desvalorización en todo o litoral atlántico. Este patrimonio é un recurso culturalmente moi valioso que ofrece moitas posibilidades para o desenvolvemento económico das rexións atlánticas. A representación no proxecto de todos os países do Espazo Atlántico, é un valor engadido para a recuperación común de todo o patrimonio náutico tradicional da costa atlántica europea.

A partir dun recurso actualmente deprimido, o proxecto DORNA puxo en valor –a través dunha metodoloxía integral- todos os ámbitos relacionados coa construción naval en madeira; desde o punto de vista económico e cultural, e a través do traballo conxunto de todas as rexións implicadas. As competencias e a experiencia de cada socio representante supoñen igualmente un importante valor engadido ao proxecto, xa que só coa colaboración do conxunto do partenariado transnacional pódese recuperar e desenvolver de forma coordinada e eficiente o patrimonio atlántico da náutica tradicional.

Tres días de xornadas técnicas permitirán presentar os resultados do proxecto e dar continuidade á aplicación dos mesmos. Expertos europeos do sector da construción naval en madeira reuniranse en Santiago durante tres días para traballar na creación dunha rede de traballo no ámbito do Espazo Atlántico e na avaliación da formación do sector, garantindo deste xeito, a transferencia dos resultados do proxecto

  • Día 6 de outubro: Xornada técnica “A construción naval en madeira no Espazo Atlántico europeo” (aberta ao público). Análise da situación da construción naval en madeira nos países do Espazo Atlántico (Irlanda, Reino Unido, Francia, España e Portugal), os proxectos en marcha e as perspectivas de futuro. Dedicarase un apartado a valorar a situación da formación en construción naval en madeira en todos os niveis.

  • Día 7 de outubro: Xornada de Presentación de resultados e clausura do Proxecto DORNA (aberta ao público). Presentaranse os resultados do proxecto.

  • Día 8 de outubro: Xornada de debate e proposta sobre como establecer unha rede europea permanente de colaboración sobre construción naval en madeira (xornada restrinxida aos membros do grupo de traballo). Expertos e entidades socias do proxecto debaterán sobre a conveniencia e posibilidades de crear unha asociación ou rede europea que traballe de forma cooperativa na defensa e promoción da construción naval en madeira no ámbito do Espazo Atlántico europeo.

As presentacións e conclusións estarán dispoñibles tras a celebración do evento nesta Web, onde  tamén poderán atopar información relativa aos resultados e obxectivos do Proxecto, ademais de todas as noticias relacionadas co mesmo.

 

Si desexa inscribirse nas xornadas, pode facelo a través do Formulario de inscrición:

http://www.dicoruna.es/formularios/dorna/

 

Descargar programa das xornadas

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu