• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [6746 Voto/s]

27.05.2011

DORNA en Semaine du Golfe de Morbihan (Bretaña)

O proxecto estará presente no evento da man do socio vasco Oarsoaldea

Do 30 de Maio ao 5 de Xuño no Golfo de Mor Bihan ao sur de Bretaña celebrarase unha das concentracións de embarcacións tradicionais máis importantes de Europa: “A Semaine du Golfe du Morbihan”. Con máis de 1.000 inscricións, máis de 5.000 mariñeiros e máis de 200.000 visitantes, contará  ademais cun importantísimo impacto mediático a nivel internacional.

O Proxecto DORNA estará presente neste evento da man de Oarsoaldea, socio do proxecto quen a través da Asociación Albaola, leva varios anos participando neste tipo de encontros de repercusión internacional co fin de difundir o patrimonio marítimo vasco.

Este ano a cultura Marítima Vasca terá un lugar destacado, xa que este ano 2011, Euskadi será convidado de Honra. O pasado venres 29 de abril celebrouse no Centro da Cultura Marítima Ondartxo (Pasaia) a presentación da participación de Euskadi en Morbihan, na que participaron Ana Izagirre, Directora de Basquetour; Ernesto Murgiondo, Director de Turismo da Deputación Foral de Gipuzkoa; Pilar Azurmendi, Directora de Cultura da Deputación Foral de Gipuzkoa; Maider Ziganda, Alcaldesa de Pasaia; Ander Poza, Presidente da Axencia de Desenvolvemento Comarcal de Oarsoaldea e Tenente Alcalde de Pasaia; e Xabier Agote, Presidente de Albaola.

A presenza de Euskadi no evento será notoria: na auga haberá 10 embarcacións da Asociación Albaola (Pasaia), 5 embarcacións de Euskal Bateleroak (Lekeitio), 4 embarcacións de Itxas Egurra Haizean (Getxo) e un par de traiñeiras de Lapurdi. En terra haberá unha exposición no Quiosque Culturel do porto de Vannes, “O Batel, embarcación tradicional vasca de remo e vea”. No mesmo porto de Vannes estará tamén o espazo “Village Basque”, un espazo temático sobre a pesca do bacallau e a presenza vasca en xeral en Terranova no século XVI. Así mesmo, varios grupos encargaranse da animación en terra: cantos tradicionais vascos, música e diferentes bailes tradicionais vascos. Ademais haberá varias carpas para uso promocional dos colaboradores e da cultura marítima vasca.

Así, tendo en conta a gran presenza que terá Euskadi este ano, Oarsoaldea aproveitará o evento para difundir e promocionar o Proxecto Dorna entre os numerosos visitantes e medios de comunicación que se fan eco deste gran evento de carácter transnacional. Para iso, instalará a caseta de Dorna, no que se informará sobre o proxecto e farase promoción deste mediante os soportes de información e elementos de merchandising de Dorna.

Máis información: http://www.semainedugolfe.asso.fr/

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu