• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [6550 Voto/s]

11.05.2011

O Museo do Mar de Galicia celebra o Día Internacional dos Museos

Será o 17 de maio cun variado programa de actividades

O Día Internacional dos Museos celébrase en todo o mundo e desde 1977, en torno ao 18 de maio, coa finalidade de concienciar ao público en xeral sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. O Museo do Mar de Galicia elixiu o día 17 de maio, festivo na comunidade galega, para ofertar un programa de actividades que permitirá aos asistentes gozar de diferentes experiencias en mar e en terra.

Entre as actividades que inclúe o programa atópanse a inauguración de varias exposicións, a difusión de creacións audiovisuais de interese etnográfico e natural, xogos ao aire libre e contos musicais. Ademais, conxuntamente co Centro Arqueolóxico do Areal “Salinae”, farase unha ruta marítima guiada. Para participar nela é necesaria a inscrición previa (a actividade quedará suspendida de non reunirse un mínimo de 40 persoas).

A información completa sobre o programa do evento, así como o procedemento de inscrición e os prezos, poden poden ser descargados na seguinte ligazón.

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu