• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [6295 Voto/s]

10.05.2011

DORNA no novo Newsletter de Espazo Atlántico

O número 6 do boletín está xa dispoñible para a súa descarga na web de EA

O novo director do Secretariado Técnico Conxunto, Daniel Clément, abre este número reflexionando sobre o punto no que se atopa o Programa Espazo Atlántico e como afrontar o futuro máis inmediato. Daniel Clément resalta ademais a importancia da próxima conferencia sobre os beneficios da cooperación territorial europea e as expectativas cara ao novo período de programación de EA.

O boletín é un instrumento idóneo para que os proxectos financiados polo Programa alcancen maior visibilidade. Desta maneira, nas súas páxinas faise un percorrido polas novidades máis importantes de cada proxecto. No caso de DORNA, o Newsletter de Espazo Atlántico resume os últimos eventos aos que asistiu, así como as sinerxías que estableceu con outros proxectos, como Ancorim e Woobta.

Neste newsletter tampouco podía falta a referencia á terceira convocatoria de proxectos e ao seminario que tivo lugar en marzo e que reuniu a 80 participantes de todos os Estados Membros.

Para máis información acceda ao Newsletter 6 de Espazo Atlántico aquí

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu