• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [5920 Voto/s]

09.05.2011

Día Marítimo Europeo 2011 en Galicia

DORNA prepárase para participar no evento rexional "Un mar de cousas"

A conservación e transmisión da cultura marítima e da pesca é un obxectivo común, compartido polos proxectos europeos Dorna - Desenvolvemento Organizado e Sostible de Recursos no Noroeste Atlántico; NEA2 - Nautismo Espazo Atlántico 2 ámbolos dous encadrados no Programa Espazo Atlántico e  Fishernet - Fishing Heritage Network que se encadra no Programa Cultura da Unión Europea.

Por segundo ano consecutivo, os socios destes tres proxectos e tres museos con fortes vínculos ao mar, acordaron organizar conxuntamente unha xornada reivindicativa do noso patrimonio marítimo e pesqueiro no marco das celebracións do Día Marítimo Europeo que, a vez que reivindica o mar como  patrimonio común dos galegos e dos europeos, serve para facer visibles os esforzos de numerosos colectivos da nosa comunidade, para manter viva a relación co mar e a súa cultura. Esta xornada terá lugar o día 21 de maio en Bueu.

Hoxe o mar é o primeiro espazo de lecer da sociedade e se como dominio publico é de todos, non todos os cidadáns teñen acceso ao seu uso, tanto nos aspectos lúdicos e de gozo como nos culturais. A xornada “Un mar de cousas” quere reivindicar este espazo de encontro, facelo visible, reclamar a súa accesibilidade para o conxunto de cidadáns e colectivos, mantelo vivo e presente.

O programa do evento e a folla de inscrición están dispoñibles para a súa descarga aquí

 

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu