• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [6031 Voto/s]

25.04.2011

Reportaxe sobre DORNA e a carpintería de ribeira en La Voz de Galicia

A presentación dos catálogos fai que a prensa galega interésese pola carpintería de ribeira e o proxecto

Este domingo, 24 de abril, La Voz de Galicia publicou unha reportaxe sobre a carpintería de ribeira e o proxecto DORNA, en cuxo titular se destaca a vitalidade do sector: A carpintería de ribeira de Galicia ten pedidos de barcos ata o 2013. As 22 empresas do sector, con 147 empregados, facturaron 15 millóns.

O artigo, no que se detallan algúns dos produtos do proxecto, como a base de datos, os catálogos ou a marca BATE, compleméntase cunha pequena entrevista a Gerardo Triñanes, propietario dos Estaleiros Triñanes Domínguez e presidente de AGALCARI. Gerardo incide na aposta pola calidade na construción de embarcacións tradicionais e resalta a súa experiencia co proxecto DORNA no coñecemento doutras realidades da costa atlántica, como Francia e Escocia.

Para ler a noticia completa:

A carpintería de ribeira de Galicia e o proxecto DORNA

Gerardo Triñanes

 

 

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu