• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [6025 Voto/s]

15.04.2011

O proxecto DORNA presenta os seus catálogos de embarcacións e estaleiros tradicionais

O acto tivo lugar na sede a Deputación da Coruña

O pasado 13 de abril, o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, acompañado do seu homólogo da delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Manuel de la Iglesia, presentaron oficialmente os catálogos de embarcacións e estaleiros tradicionais que o proxecto DORNA elaborou. O acto contou ademais coa participación de Oscar Fortes, experto do proxecto e un dos responsables do proceso de catalogación.

Fernández Moreda, explicou que o obxectivo do proxecto DORNA, no que ademais de Galicia participan Euskadi, Portugal e Escocia, é "evitar a perda do patrimonio cultural" derivado do peche de boa parte dos estaleiros tradicionais e da consecuente desaparición dos modelos de embarcacións típicas do Espazo Atlántico, " e convertelo nun elemento endóxeno de desenvolvemento local". Fernández Moreda insistiu ademais na importancia de manter un oficio artesanal con indubidables raíces identitarias, que ademais xera riqueza e postos de traballo.

Os catálogos, publicados en cinco idiomas e enriquecidos cunha serie de artigos de opinión dos expertos que colaboran no proxecto DORNA, recollen a información máis significativa da base de datos de embarcacións e estaleiros tradicionais elaborada dende o proxecto, unha selección de 46 embarcacións e 22 estaleiros con fichas técnicas sobre as súas características, estrutura arquitectónica e fotografías. A tirada inicial de cada publicación é de 2000 exemplares.

Resume de prensa 

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu