• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [5836 Voto/s]

07.04.2011

Ábrese a inscrición para o Encontro de Embarcacións Tradicionais Carril 2011

O formulario xa está dispoñible na páxina web do Encontro

O X Encontro de Embarcacións Tradicionais terá lugar en Carril do 30 de xuño ao 3 de xullo, promovido pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial que, nesta ocasión, atópase acompañada na organización do evento polo Museo do Mar de Galicia, a Asociación Rompetimóns de Carril e o Concello de Vilagarcía de Arousa.

Os Encontros, que comezaron a organizarse no ano 1993, son un punto de referencia na reivindicación da tradición atlántica e o seu rico patrimonio marítimo. Celébranse cada dous anos nunha vila mariñeira galega diferente e a eles acoden embarcacións non soamente da rexión, senón tamén doutros puntos da Península  Ibérica e do resto de Europa.

Esta semana púxose ao dispor de todos aqueles interesados o formulario de inscrición para poder participar no Encontro de Carril. A organización recomenda inscribirse o máis pronto posible para facilitar o seu labor, especialmente pola complexidade loxística que supón un evento destas características.

Formulario de inscrición

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu