• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [5789 Voto/s]

10.03.2011

O Museo do Mar de Galicia organiza diversas actividades

A presentación dun libro e o inicio dos roteiros pola costa completan a oferta do fin de semana

O vindeiro venres, 11 de marzo ás 20:00 horas, no Salón dos Actos do Museo do Mar, Rosa García-Orellán presentará o seu libro “O Capitán de Pesca e o bacallau”, un  relato que se inspira na vida de Lázaro Larzábal, un capitán de pesca que traballou 50 anos no mar, penetrando ao lector na dinámica propia dun barco e a pesca do bacallau, cunha reflexión sobre a explotación dos recursos mariños, a cultura do pescador e as diversas posturas que poden exporse. O acto de presentación será de entrada libre ata completar o aforamento e acompañando á autora estarán o protagonista do mesmo, Lázaro Larzábal; Enrique César López Veiga, exconselleiro de Pesca e Pablo Carreira, Director do Museo do Mar.

Por outra banda, este próximo domingo, 13 de marzo, dará comezo unha serie de roteiros pola costa da Ría de Vigo profundando nos seus aspectos históricos e naturais. A primeira destas rutas visitará Bouzas e a ribeira entre esta vila e o Museo, facendo especial énfase nos restos arqueolóxicos da zona. O número de prazas dispoñibles é de 50, e pódese obter máis información sobre a actividade na
web do Museo.

 

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu