10.03.2011
Terán lugar en Mera e Lorbé
O Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro en colaboración con A.C.M. Os Patexeiros, de Sada, e o C.N. Punta Bufadoiro de Mera organizan estas xornadas que se desenvolverán durante os sábados 12 e 26 de marzo e 2 e 9 de abril na Casa Labarta de Mera e o Peirao de Lorbé.
O obxectivo destas xornadas será presentar o traballo das asociacións na recuperación e posta en valor do Patrimonio Marítimo e Fluvial, establecer redes entre os axentes sociais implicados neste sector para o desenvolvemento sustentable e mostrar o potencial existente a nivel económico a través da recuperación e valorización do Patrimonio Cultural Marítimo material e inmaterial.
As xornadas están orientadas a todos os públicos interesados no tema. O aforamento é limitado a un grupo de 25 persoas para as actividades que terán lugar no peirao de Lorbé os sábados 26 de marzo e 2 de abril. A inscrición é gratuíta e realizarase segundo estrita orde de chegada, cunha cota reservada para cada asociación.
Inscrición:
Secretaría Técnica das Xornadas
© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu