• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [5002 Voto/s]

09.03.2011

3ª edición do Safer Seas en Brest

Trátase un evento único sobre a seguridade marítima e a loita contra a contaminación

O Consello Urbano de Brest  métropole océano está a traballar de forma coordinada co parque científico Technopôle Brest Iroise, e o apoio do cluster marítimo Pôle Mer, a Unión Europea, o Consello Rexional de Bretaña e o Consello Xeral do Condado de  inistère, na organización da 3ª edición do evento Safer Seas durante os días 10 a 13 de maio de 2011 e que terá lugar no centro de conferencias Quartz.

O evento foi creado sobre unha base multidisciplinar, como punto de encontro entre a información científica, técnica, xurídica e as competencias institucionais e especializacións, aproveitando a vantaxe da experiencia de operadores e profesionais da seguridade marítima. Safer Seas, sucesor do primeiro simposio organizado en Brest en 1998 para conmemorar o 20 aniversario da catástrofe do Amoco Cádiz fronte ás costas de Bretaña, demostrou amplamente a súa calidade desde que foi lanzado oficialmente en 2002.

Nesta edición 2011 baixo o título “O que está por chegar, cambios e perspectivas”, abordarase o tema do cambio climático ademais de cuestións como a observación e o coñecemento do medio mariño, as axudas á navegación, a planificación e monitorización das áreas costeiras e  marítimas, a formación e a profesionalización. Tamén se dedicará un capítulo ás cuestións sensibles á seguridade marítima e o intercambio de experiencias e retroalimentación entre diferentes puntos do planeta.

Programa do evento

Web: http://www.saferseas-brest.org/

 
 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu