• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [5088 Voto/s]

04.03.2011

O proxecto ANCORIM en Portugal

A visita forma parte dos casos de estudio do proxecto

O 15 de abril, no marco do proxecto ANCORIM, sobre xestión de riscos costeiros no Espazo Atlántico, terá lugar unha visita organizada pola Facultade de Enxeñería da Universidade de Porto á área de Esmoriz e Cortegaça, situada a 30 km ao sur do Porto e que se estende ao longo de 5 km do litoral portugués. Esta zona caracterízase por un alto nivel de erosión que a converte nunha área vulnerable e de alto risco, propensa ás inundacións. Presenta ademais fóra da zona urbana, un bosque de piñeiros no que a erosión provocou a caída de centos de árbores.

O obxectivo da visita será ilustrar os traballos implementados na zona para falar dos riscos e o impacto das alternativas suxeridas cos axentes locais e externos. O modelo usado por Esmoriz e Cortegaça, pode ser aplicado a outros contextos locais en Europa. Preténdese que esta visita sirva para alimentar o debate e o intercambio sobre como protexer as dunas e as áreas de bosques costeiros da área atlántica.

Para tomar parte na visita é necesario inscribirse antes do 8 de abril, indicando o nome e a institución á que se representa. A inscrición farase enviando un correo electrónico a lpneves@fe.up.pt    

Máis información sobre ANCORIM na súa website

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu