• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

2.9/5 [5814 Voto/s]

18.02.2011

Xornada “Embarcacións patrimoniais: navegando por un mar de dúbidas”

O proxecto NEA2 promove esta xornada sobre o patrimonio marítimo

Cambados foi o lugar elixido polo proxecto NEA2 para a organización da Xornada Embarcacións patrimoniais: navegando por un mar de dúbidas, na que relatores galegos, cataláns e franceses falarán da situación do patrimonio marítimo nas súas respectivas rexións e que terá lugar o próximo 25 de febreiro.

O proxecto DORNA foi convidado a participar e farao a través do arquitecto do COAG e experto do proxecto, Óscar Fuertes, que presentará o inventario de embarcacións e carpinterías de ribeira levado a cabo desde o propio proxecto. A súa intervención terá lugar en horario de tarde, ás 17:30 horas. Na xornada ademais estará presente Pablo Carrera, Director do Museo do Mar de Galicia e tamén experto do proxecto DORNA que colaborou na elaboración do inventario e catálogo de embarcacións tradicionais. O seu relatorio versará sobre a declaración de Xixón e as embarcacións tradicionais.

Para inscribirse na Xornada é necesario enviar un correo a teresa.rojas.suarez@xunta.es indicando o nome e a entidade á que se pertence ou representa.

Máis información na seguinte ligazón

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu