02.02.2011
Terá lugar na sede do COAG
Os días 3 e 4 de febreiro o proxecto DORNA reunirá aos seus socios na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na Coruña no 7º Comité de Pilotaxe do Proxecto. O Comité servirá para a presentación dos resultados alcanzados neste último período, que serán postos en común polo partenariado.
O Comité tamén incluirá un taller de innovación: “Espazo de Innovación na Carpintería Naval Tradicional”. Este taller enmárcase na actividade número 6 do proxecto, cuxo obxectivo é desenvolver unha estrutura de xestión que facilite a introdución con carácter permanente e continuo de criterios de investigación e innovación na construción de embarcacións tradicionais.
Proximamente daremos conta máis cumpridamente de como se desenvolveu este Comité de Pilotaxe
© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu