• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4854 Voto/s]

24.01.2011

DORNA en culturagalega.org

A web do Consello da Cultura Galega dedica un extenso artigo ao proxecto DORNA

 

Ao longo deste mes a web do Consello da Cultura Galega dedicou varios artigos ao inventario do patrimonio atlántico que desenvolveu o proxecto DORNA. Nun primeiro artigo, publicado o día 12 de xaneiro, podíase ler “O proxecto DORNA pon no mapa o patrimonio marítimo europeo” e, uns días máis tarde, publicábase “O tesouro das casas dos barcos”.

“O tesouro das casas dos barcos” é un extenso artigo centrado na carpintería de ribeira e, moi especialmente, nos estaleiros tradicionais e o proceso de catalogación e inventariado que os expertos do proxecto DORNA realizaron ao longo destes meses. Precisamente foi un dos expertos do proxecto, o arquitecto do COAG, Óscar Fortes, o encargado de explicar neste artigo o traballo realizado para a posta en valor destas infraestruturas tradicionais.

O proxecto DORNA agradece ao Consello da Cultura Galega a difusión que con estes artigos se fai do seu traballo e que, sen dúbida, contribuirán a dar a coñecer a un público máis amplo o valioso e importantísimo patrimonio que alberga a costa atlántica europea. 

Ligazón aos artigos de culturagalega.org:

O proxecto DORNA pon no mapa o patrimonio marítimo europeo

O tesouro das casas dos barcos

 

 

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu