• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [5316 Voto/s]

21.01.2011

O que o 2011 nos traerá

Recentemente estreado o ano, xa temos no calendario citas de primeira magnitude

Día Marítimo Europeo: Terá lugar en Polonia, na cidade de Gdańsk do 19 ao 20 de maio no Philharmonic’s Music and Congress Centre na illa de Oułowianka.  A conferencia está organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesqueiros da Comisión Europea, o Ministerio de Infraestruturas de Polonia, a Oficina do Mariscal do Pomorskie Voivodeship e a cidade de Gdańsk. Máis información e un resumo do programa do evento pode consultarse xa na seguinte web: http://ec.europa.eu/maritimeaffairs/maritimeday/2011/programme_en.pdf

 

 

X Encontro de Embarcacións Tradicionais en Galicia: terá lugar entre os días 30 de xuño e 3 de xullo de 2011 e o lugar  elexido para organizar o evento é Carril. O encontro de embarcacións tradicionais, organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial cunha periodicidade bienal, constitúe o evento máis importante da rexión e conta coa participación de embarcacións de fóra e dentro da Península Ibérica. Son moitas as actividades que se desenvolven para a posta en valor do patrimonio atlántico e a súa cultura: talleres, exposicións, música, xornadas técnicas, entre outras. Máis información e folleto do evento en: http://www.culturamaritima.org/node/16463

 

Conferencia Europea sobre Náutica Sustentable: “Reflexións e Oportunidades de Desenvolvemento do Sector Náutico nas Rexións Atlánticas”: terá a súa sede no Centro Cultural Le Quartz, en Brest (Bretaña) e celebrarase durante os días 26 e 27 de outubro de 2011. Este evento está organizado polo Consello Rexional de Bretaña e polo Consello Xeral de Finisterre, no ámbito do proxecto europeo de cooperación transnacional NEA2, e conta co apoio dos socios do proxecto, da Unión Europea, da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) e da Comisión do Arco Atlántico. O programa estará dispoñible en breve na web do proxecto: www.nea2.eu

 

 

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu