• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [5290 Voto/s]

20.01.2011

As embarcacións tradicionais galegas na pequena pantalla

Forman parte do decorado de distintos proxectos audiovisuais

Durante o mes de decembro o blog da Asociación Cultural e Deportiva DORNA, membro da Federación Galega pola CulturaMarítima e Fluvial, asociados do proxecto DORNA, sorprendíanos co anuncio de que  varias das súas embarcacións habían sido requeridas para formar parte dos escenarios naturais nos que se rodaban varias series de ámbito nacional e rexional, concretamente a serie Piratas, que será emitida proximamente en Telecinco, e a tv-movie da Televisión de Galicia, Mar Libre, xa emitida durante o mes de decembro.

Entre as embarcacións que participaron nas rodaxes atópase Noelia, unha dorna estivo presente na I Exposición de Embarcacións Tradicionais que o proxecto DORNA organizou na dársena de Curuxeiras – Ferrol, durante o encontro de XVIII de Embarcacións Tradicionais da Parrocheira, 2010.

Son moitos os telespectadores que terán a oportunidade de ver na pequena pantalla as nosas embarcacións tradicionais, que a pesar de formar parte destes decorados de época, seguen máis vivas e activas que nunca.

Máis información: http://acddorna.org/blog/index.php?cat=23

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu