• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4567 Voto/s]

17.01.2011

AFIPRODEL organiza o Congreso MODELO

Terá lugar en Vimianzo (25 e 26 de marco) e Corcubión (1 e 2 de abril)

A Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local (AFIPRODEL), que agrupa aos axentes profesionais implicados no desenvolvemento local coa finalidade de xestionar os intereses dos mesmos, promovendo o seu recoñecemento social, organiza xunto co Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña, o Congreso MODELO co obxectivo de crear un marco de encontros, de intercambio das ideas, conceptos e perspectivas implicadas no desenvolvemento local. O congreso conta ademais co apoio de diversas entidades, entre as que se atopa a Deputación da Coruña.

O Congreso terá dous eixos fundamentais: a profesión de axente de desenvolvemento local, as súas ferramentas de traballo e o marco global no que se desenvolven as súas funcións, por unha banda, e as experiencias e iniciativas novas e exemplares desenvolvidas por axentes e entidades públicas e privadas que aproveitas os recursos e as oportunidades dun territorio.

O programa será en grao sumo variado, con conferencias máis dirixidas aos axentes de desenvolvemento local e outras para un público máis amplo, entre as que se atopan perspectivas innovadoras para o desenvolvemento local, o patrimonio como recurso de desenvolvemento sustentable, as TIC no desenvolvemento local ou a internacionalización das empresas, entre outras. O prazo de inscrición termina o próximo 15 de marzo.

Para máis información: http://www.afiprodel.org/

Programa do Congreso en PDF 

 

 

 

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu