• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4605 Voto/s]

17.12.2010

Presentación do documental 3ª GZ 1•10 no Museo do Mar

A obra reflicte a situación da carpintaría de ribeira en Galicia

O colectivo Azouta presenta o sábado, 18 de decembro ás 19:00 horas, o documental 3ª GZ 1·10 que recolle a historia persoal de oito profesionais do sector da carpintaría de ribeira que co seu relato fan un amplo percorrido polas mudanzas históricas e os desafíos actuais aos que se enfronta a construción artesanal de embarcacións de madeiras.

 

O documental é unha idea orixinal de Noa García e Xavier Vieiro, unha produción independente realizada durante este ano 2010, sen apoio económico das Administracións, e coa colaboración do Museo do Mar de Galicia.

Información completa aquí

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu