• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4290 Voto/s]

12.11.2010

Seminario sobre o patrimonio cultural de Galicia

A oferta deste fin de semana se completa coa inauguración dunha nova exposición no Museo do Mar de Galicia

A Casa do Concello de Mondariz-Balneario acolle este sábado, 13 de novembro, o “Seminario sobre o patrimonio cultural de Galicia” que contará coa presenza de Pablo Carrera, Director do Museo do Mar de Galicia e experto do proxecto DORNA, para falar sobre o patrimonio marítimo e fluvial da rexión.

A información e o programa completo do seminario poden consultarse en http://213.60.227.51/?q=node/136

Por outra banda, o Museo do Mar de Galicia (Vigo) inaugura tamén este sábado ás 20:00 horas, a exposición Tempo escuro do fotógrafo alemán Peter Schneider. A mostra rescata a traxedia do Prestige co obxectivo de que o maior desastre ecolóxico sufrido pola costa galega non caia no esquecemento. A exposición, que inclúe unha escultura de Francisco Leiro, poderá visitarse no Museo ata o vindeiro 27 de febreiro de 2011.

Máis información:  http://www.museodomar.com/es

 

 

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu