• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4215 Voto/s]

08.11.2010

Dorna no Salón Náutico de Barcelona

O proxecto Dorna estará presente nesta indispensable cita a nivel internacional

Desde o día 6 de novembro e ata o próximo día 14, Barcelona acolle a edición número 49 do Salón Náutico, o máis importante de España e un dos máis importantes de Europa. O Salón é un dos principais puntos de encontro e foro de debate para profesionais e afeccionados. Ademais inclúe actividades para toda a familia: simuladores de navegación e pesca, piscina para iniciarse á vela lixeira, obradoiros de mariña tradicional, conferencias, actuacións, saídas para navegar, entre outras.

O Salón distribúese en 5 áreas temáticas, unha das cales é precisamente a da mariña tradicional. O proxecto DORNA está presente no Salón da man do socio vasco Oarsoaldea, aínda que tamén cómpre destacar a presenza da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, asociada do proxecto, que conta cun posto propio e desenvolverán actividades tales como o obradoiro “Aparellado de embarcacións tradicionais de Galicia”. É importante tamén mencionar a presenza doutras entidades, como é o caso de Agalcari, que asiste por primeira vez e que expón seis embarcacións tradicionais galegas, ou da Asociación vasca Albaola, que tamén conta con posto propio, entidades ambas as dúas que colaboran habitualmente co proxecto DORNA.

Máis información: http://www.salonnautico.com/

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu