• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4654 Voto/s]

05.11.2010

O Museo do Mar de Galicia inaugura hoxe a exposición "Fillos do Océano" de Javier Teniente

O fotógrafo fai unha homenaxe a comunidades de pescadores artesanais dos cinco continentes

O Museo do Mar de Galicia (Vigo) inaugura hoxe ás 20:00 horas a exposición "Fillos do Océano ", do fotógrafo Javier Teniente, que mostra a vida dos pescadores artesanais en 16 comunidades pesqueiras dos cinco continentes a través de espectaculares imaxes.
"Fillos do Océano" aborda a forma de vida en comunidades que dependen exclusivamente do mar en lugares tan distantes como a India, Senegal, Vietnam, Sri Lanka, Madagascar ou Galicia, entre outras, comunidades que pola globalización ou polo esgotamento dos recursos corren o risco de desaparecer.
Ademais dunha homenaxe á xente que vive do mar e para o mar, é unha chamada de atención e concienciación social a favor da preservación dos ecosistemas mariños, mediante a regulación da pesca e a contaminación.

A exposición permanecerá aberta na sala de exposicións temporais ata o 9 de xaneiro de 2011.

 

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu