25.10.2010
Curso de formación para programadores culturais
A posta en valor do patrimonio, convivir con el e darlle uso é imprescindible para garantir a súa supervivencia. Por iso, os días 28, 29 e 30 de outubro, Muros acolle o curso "A cultura pesqueira e a programación cultural" organizada polo Grupo de Acción Costeira 4 "Seo de Fisterra - Ría de Muros Noia" que materializa a progración do proxecto Fishing Heritage Network FISHERNET (Programa Cultural da Unión Europea) e cuxo obxectivo é conseguir que cada vila mariñeira poida ter unha programación cultural e festiva específica, vinculada ao calendario da xente do mar. A cultura pesqueira debe entenderse nun sentido amplo, que inclúa a súa perspectiva etnográfica, antropolóxica, económica, histórica ou artística (música, literatura, cine, teatro, artes plásticas, artesanía...).
O acto de inauguración correrá a cargo de Francisco López Rodríguez, Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellaría de Cultura e Turismo e entre os relatores que participan no curso encontramos a Lino Lema Bouzas (Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro); Pablo Carrera (Director do Museo do Mar) e Víctor Fernández González (Presidente da Federación Galega para a Cultura Marítima e Fluvial), todos eles vinculados dalgunha maneira ao proxecto DORNA.
A información completa sobre o curso encóntrase dispoñible en http://www.accioncosteira.es/?q=es/node/310
© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu