• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [5253 Voto/s]

25.10.2010

II Curso de Introdución á carpintaría de Ribera

Está organizado pola Asociación cultural e mariñeira “Os Patexeiros” de Sada (A Coruña)

A Asociación cultural e mariñeira "Os Patexeiros" organiza a segunda edición deste curso, impartido por profesionais do sector e orientado a aprender as técnicas necesarias para restaurar e manter unha embarcación tradicional. O curso ten unha parte teórica e outra práctica, que inclúe traballos de restauración dun auténtico bote "pulpeiro". O lugar de celebración é Lorbé (Oleiros, A Coruña) durante os sábados comprendidos entre o 16 de outubro e o 20 de novembro, en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 horas). O número de prazas é limitado.

Os obxectivos do curso son:

- Coñecemento e manexo básico da ferramenta

- Restauración dunha embarcación tradicional:

   - Sustitución da roda
   - Reparación da estampa de popa
   - Sustitución de taboas do forro. Practicaremos o frasquiado, técnica fundamental para determinar a forma dos bances
   - Reconstrucción de cuberta (barraganetes, baos, trancanil, bancos, ...)
   - Calafateado

- Introducción ao trazado:

  - Como tomar medidas sobre o tableiro
  - Elaboración de un tableiro de cartabóns para as cuadernas
  - Construcción dunha cuaderna como exercicio

- Clase teórica sobre os efectos da acción galvánica sobre os metais da embarcación e como protexerse

Máis información en http://patexeiros.blogspot.com/

 

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu