• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4643 Voto/s]

05.10.2010

Novo número do Newsletter de Espazo Atlántico

Os últimos eventos de DORNA teñen o seu espazo neste boletín

Outubro trae consigo o novo exemplar do Newsletter, que acada xa o número 5, e co que Espazo Atlántico pretende dar a coñecer as novidades do Programa e dos diferentes proxectos por el financiados. O boletín ábrese co apartado Editorial, asinado por Anna Teresa Lehmann, Presidenta da Autoridade de Xestión do Proxecto, e no que destaca o anuncio da próxima decisión sobre o lanzamento da terceira convocatoria de proxectos.

O boletín é un instrumento idóneo para que os proxectos financiados co Programa acaden maior visibilidade. Desta maneira, nas súas páxinas faise un percorrido polos mesmos e pola súa actividade durante estes últimos meses. No caso de DORNA, o Newsletter de Espazo Atlántico recolle o evento conxunto celebrado en Escocia durante os días 14 e 15 de agosto así como as diferentes exposicións rexionais que achegaron o proxecto ao gran público.

É tamén moi recomendable o apartado de eventos, onde se poden consultar as próximas citas relacionadas co Programa. 

Para máis información acceda ao Newsletter 5 de Espazo Atlántico aquí.

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu