• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4144 Voto/s]

22.09.2010

DORNA no 7º Congreso sobre Patrimonio Marítimo Europeo

O evento terá lugar no Auditorio Municipal de Seixal (Portugal) do 23 ao 25 de setembro

Organizado polo Ecomuseo Municipal de Seixal, canda a asociación para embarcacións tradicionais en activo “European Maritime Heritage”, o 7º Congreso sobre Patrimonio Marítimo Europeo centra a súa atención nos mozos e na necesidade de convertelos en receptores do devandito patrimonio. Espérase fomentar tamén o intercambio de experiencias e aumentar os niveis de cooperación entre os museos marítimas e outras entidades involucradas na xeración de coñecementos para a salvagarda e promoción do patrimonio marítimo.

Xabier Agote, Presidente da asociación Albaola, será o encargado de presentar o proxecto DORNA co que colabora activamente. A intervención de Xabier terá lugar o día 24, na 4ª sesión “A implicación dos mozos” e compartirá mesa con Vladimir Martus, que presentará o proxecto Shtandart. Ao Congreso acudirá tamén Pablo Carrera, en representación do Museo do Mar de Vigo e da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, entidade esta última asociada do proxecto DORNA. A súa intervención terá lugar na 5ª sesión “A herdanza marítima intanxible”.Tanto Xabier Agote como Pablo Carrera traballan como expertos dentro do proxecto DORNA. A súa experiencia e coñecementos están servindo ao desenvolvemento do Plan de mellora de infraestruturas de estaleiros tradicionais. 

Máis información en http://www.european-maritime-heritage.org/default.aspx 

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu