• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4200 Voto/s]

18.08.2010

Mostra de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Terá lugar en Ferrol,do 3 ó 5 de setembro

O proxecto DORNA súmase este ano ao tradicional encontro de embarcacións que ten lugar no peirao de Curuxeiras de Ferrol e que celebrará este ano a súa edición XVIII. O evento organizado pola sección de Vela Tradicional do Club do Mar de Ferrol, canda a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, asociada de DORNA, e o apoio da Autoridade Portuaria de Ferrol, celebrarase os días 3, 4 e 5 de setembro.


O encontro da Parrocheira naceu no ano 1993, un ano despois da creación do Club do Mar de Ferrol e a súa sección de Vela Tradicional, no que se denominou Iª Regata de Vela Clásica Parrocheira. Desde entón veu celebrandose anualmente, ampliando o seu programa e consolidándose como unha das citas de embarcacións tradicionais máis importantes de Galicia.

O proxecto DORNA considerou a concentración de embarcacións da Parrocheira como o marco idóneo para a organización da exposición de embarcacións tradicionais en Galicia, evento que forma parte do grupo de actividades de “diversificación das economías locais como factor de desenvolvemento” para a posta en valor do patrimonio náutico do Espazo Atlántico e que se integra dentro dunha serie de exposicións que terán lugar en cada unha das rexións que participan no proxecto.

Ademais da exposición, tanto en mar coma en terra, Curuxeiras acollerá diversas actividades como a unha “tasca mariñeira” tradicional con menús propios da costa galega, unha piscina para navegación infantil, actuacións musicais e talleres didácticos.

Para máis información: http://velatradicional.clubdomarferrol.com/

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu