• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4069 Voto/s]

06.08.2010

Evento conxunto en Escocia: programa de actividades

DORNA porá en valor o patrimonio marítimo atlántico con diferentes actividades tanto en mar coma en terra

O porto de Millport (Illa Cumbrae) espera recibir durante os días 14 e 15 de agosto a miles de visitantes que poderán gozar de todo tipo de actividades relacionadas coa tradición cultural marítima da costa atlántica. Estas actividades desenvolveranse tanto en mar coma en terra.

Entre as actividades que terán lugar en mar encontramos: exhibicións de navegación, carreiras de embarcacións, remo entre embarcacións tradicionais galegas, vascas, norirlandesas e escocesas ou a actividade "Ven e Intentao" impartida polo Centro de Deportes Náuticos de Cumbrae.

En terra poderemos achegarnos ao proceso de construción de embarcacións tradicionais e remos, a talla en madeira e o fresado da mesma e visitar a exposición "A construción de embarcacións tradicionais en Escocia". Daranse a coñecer tamén outros aspectos da artesanía da zona: cerámica, cestaría, fiado e tecido. Tampouco faltará a música a cargo de Albannach, Nectarines, tripulación vasca e outros... Haberá ademais actividades especificamente dirixidas ao público infantil. 

Diferentes postos informativos e varios workshops permitirán coñecer a realidade do patrimonio marítimo atlántico e as accións emprendidas polo proxecto DORNA para a súa posta en valor.

 

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu