• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4839 Voto/s]

11.07.2009

O proxecto DORNA presentase no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Muros

O 11 de xullo do 2009, no ámbito do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Muros, preséntase o proxecto DORNA, que impulsa a recuperación e valorización da construcción de embarcacións tradicionais e a carpintería de ribeira no marco do espazo atlántico. Na xornada salientouse a enorme importancia do mar coma fonte de riqueza económica, cultural e medioambiental, que se reflicte na economía, a industria, a lingua e o arte popular das rexións involucradas no proxecto.

O proxecto DORNA preséntase ao público en Muros, a bordo do barco “Hidria”, no ámbito do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais. O proxecto, que impulsa a recuperación e valorización da construcción de embarcacións tradicionais e a carpintería de ribeira no marco do espazo atlántico, está dotado cun orzamento de 1.941.269 euros. O obxectivo principal do proxecto é identificar e valorizar o patrimonio náutico do espazo atlántico, e deste xeito, contribuir ao desenvolvemento das economías da costa atlántica, fomentando a reactivación do sector da construcción de embarcacións tradicionais, a través da creación da marca BATE (Barco Atlántico Tradicional Europeo). Salientar que o proxecto Dorna favorece a unión dos pobos europeos, con culturas diferentes, dado que cinco países teñen atopado puntos de interese común.


 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu