• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4680 Voto/s]

22.07.2010

A Deputación de A Coruña edita o libro "Tiempos de vela", de Ramiro Villoch

O libro repasa tres séculos de historia marítima das rías de Arousa e Muros-Noia

O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, participaron, na Casa da Cultura “Raquel Fernández Soler” da Pobra do Caramiñal, no acto de presentación do libro “Tiempos de vela”, editado pola institución provincial.

En seus máis de 200 páxinas, “Tiempos de vela” repasa tres séculos de historia marítima nas rías de Arousa e Muros-Noia e afonda na historia dos armadores e “fomentadores” cataláns que alí se asentaron, e que deron orixe á unha importante industria pesqueira e de salgadura de peixe que contribuíu decisivamente ao desenvolvemento socioeconómico da zona.

Fernández Moreda louvou “o excelente traballo de investigación realizada polo autor ”durante máis dunha década, que deu como resultado “este magnífico ensaio en que se nos desvelan algunhas claves da estreita vinculación histórica e económica desta bisbarra co mar, e coa industria da salgadura implantada nestas terras por cataláns emprendedores e visionarios, que permitiu unha mellor conservación do peixe, facilitando o seu transporte e distribución a sitios cada vez máis afastados, o que supuxo unha auténtica revolución comercial en todo o litoral galego”.

Para o presidente da Deputación da Coruña, o libro “ten un indubidable valor histórico e antropolóxico, pois recupera documentos e testemuños de gran valor, que corrían o risco de perderse para sempre no esquecemento se Ramiro Villoch non dedicase os seus esforzos a compilaros nesta publicación, froito de máis de dez anos de traballo”.

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu