• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4134 Voto/s]

16.06.2010

III Xornada de Patrimonio Marítimo-Pesqueiro en Lekeitio

O proxecto DORNA estará representado polo seu asociado, Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF)

 

Por terceiro ano consecutivo o Concello de Lekeitio organiza as Xornadas de Patrimonio Marítimo-pesqueiro nas que Víctor Fernández, actual presidente da FGCMF, dará a coñecer o proxecto DORNA. Ademais estarán presentes outros expertos en patrimonio marítimo e turismo pesqueiro que achegarán diferentes experiencias como a Rede do Mar de San Sebastián ou o Proxecto Cabo Penas de Asturias.

As xornadas terán lugar o 17 de xuño en horario de mañá na Casa da Cultura de Lekeitio e serán gratuítas. Están apoiadas polo Goberno Vasco e a Deputación Foral de Biscaia.

Lekeitio é un destacado posicionamento turístico no conxunto da Costa Vasca no que o patrimonio marítimo constitúe un elemento clave. Durante 2010 fixeron realidade algúns proxectos que ensalzan este patrimonio como o acondicionamento do Faro de Santa Catalina como Centro de Interpretación da Tecnoloxía da Navegación converténdose así no primeiro faro visitable de Euskadi, a musealización da embarcación ‘Praia de Ondarzábal’ que, ademais de achegarnos ao coñecemento do mundo da pesca e da vida a bordo, mellorará de maneira importante a confortabilidad da visita, e o Lagar de Txakoli do Capitán Sosoaga.

 

 

 

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu