25.06.2010
O evento que se celebra desde 1993 é unha cita obrigada para miles de escoceses
![]() |
O proxecto DORNA, a través do seu socio escocés GalGael, repetirá por segundo ano consecutivo a súa presenza no Portsoy Traditional Boat Festival de Escocia que se celebra os días 26 e 27 de xuño. O festival pretende congregar a xente de todas as idades e mozos en particular para dar a coñecer e pór en valor a técnica tradicional na construción de embarcacións. Gehan Macleod, coordinadora do proxecto, destacou que este evento permitirá aos socios de DORNA explorar a colaboración entre os carpinteiros navais tradicionais para a apertura de novos mercados.
Coa intención de atraer miles de visitantes, Portsoy Traditional Boat Festival de Escocia puxose en marcha en 1993 e ensalza os valores do patrimonio e a autenticidade.
Embarcacións tradicionais de todas partes reuniranse no porto histórico de Portsoy, situado na esquina noreste de Escocia, entre Inverness e Aberdeen. O festival pon especial énfase na construción de barcos, a restauración e a navegación, así como nas artesanías tradicionais asociadas incluíndo xéneros de punto, tecido e bordado e a música e a arte. O programa 2010 inclúe tamén unha ampla Feira Gastronómica na que se poderá degustar a mellor comida e bebida de Escocia.
Máis información en http://www.scottishtraditionalboatfestival.org.uk/
© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu