• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [3832 Voto/s]

30.06.2010

Escocia prepara un evento conxunto onde o patrimonio náutico será o elemento cultural de cohesión

O lugar elixido para o encontro é a Illa de Cumbrae e terá lugar en agosto

 


 O proxecto DORNA continúa a súa andadura coa celebración deste evento conxunto, que terá lugar durante os días 14 e 15 de agosto na cidade de Millport (Illa Cumbrae). O obxectivo deste evento é pór en valor o patrimonio náutico como elemento cultural de cohesión entre as rexións do Espazo Atlántico. O anfitrión será GalGael, socio escocés do proxecto, e para o seu desenvolvemento contará coa colaboración da "Cumbrae Community Development Trust”.

Durante séculos o traballo dos artesáns das zonas costeiras formou parte da vida cotiá das súas respectivas comunidades de tal xeito que cando o traballo finalizaba, a comunidade reuníase para compartir as súas tradicións, contar as súas historias e cantar as súas cancións. O evento en Escocia pretende reproducir esta atmosfera única e para iso ademais da exhibición de embarcacións tradicionais e os métodos de construción das mesmas darase espazo a todo tipo de elementos propios da herdanza cultural marítima atlántica: a súa música, as súas celebracións populares, a súa artesanía, as súas xentes…

Desde aquí pode descargar o folleto de inscrición e o cartel do evento, e pode obter máis información en: http://www.galgael.org/sailandoar/Welcome.html

Aproveitando a celebración deste evento e de forma paralela, os socios do proxecto DORNA concluirán o itinerario de visitas cos estaleiros escoceses e organizarán unha nova reunión do Comité de Pilotaxe.

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu