• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4452 Voto/s]

17.06.2010

DORNA ten unha “Cita co Patrimonio Marítimo” no País Vasco

Oarsoaldea, socio do proxecto DORNA, e a Asociación Albaola organizan unhas xornadas dedicadas ao patrimonio marítimo do 21 ao 24 de xuño

 

 O proxecto DORNA desprazarase ao País Vasco para continuar desenvolvendo as súas actividades. Nesta ocasión o socio Oarsoaldea, en colaboración coa asociación Albaola, organiza o ciclo de conferencias ‘Cita co Patrimonio Marítimo’, que se celebrará do 21 ao 24 de xuño en diferentes localidades vascas relacionadas coa cultura marítima. Ademais terá lugar unha exposición de embarcacións tradicionais, realizaranse visitas estaleiros e unha reunión do Comité de Pilotaxe do proxecto DORNA.

O programa iníciase o luns 21 de xuño, ás 19:00 horas, no barco-museo Mater, situado en Pasai San Pedro. Contará con Josep Antón Trepat i Albero, reporteiro do programa de televisión ‘Thalassa, o mar’ da Televisión de Cataluña, coordinador do espazo ‘Marina Tradicional’ del Salón Náutico Internacional de Barcelona e xefe de redacción da revista de patrimonio e cultura marítima ‘Argo’, quen falará sobre ‘Leis, matemáticas e embarcacións tradicionais’. Tamén intervirá como relator Manu Izagirre Lacoste, Técnico de Patrimonio do Departamento de Cultura da Deputación Foral de Gipúscoa, para disertar sobre a protección do patrimonio marítimo.

A segunda xornada, o martes 22 de xuño, terá lugar no Concello de Pasaia (Pasai Donibane) e será presentada por Maider Ziganda, Alcaldesa de Pasaia. A continuación, Fernando Nebreda Díaz de Espada, Xerente da Axencia de Desenvolvemento Comarcal Oarsoaldea, impartirá a conferencia que leva por título ‘O patrimonio marítimo como factor de desenvolvemento’. Para culminar a xornada, o Xefe de Fila do Proxecto Dorna, Deputación da Coruña, encargarase de presentar o proxecto ao público asistente.

O Museo Naval de Donostia-San Sebastián será a sede da xornada do 23 de xuño, na que participarán Pablo Carrera, Director do Museo do Mar de Galicia, coa conferencia ‘Patrimonio marítimo, museos e sociedade. A colaboración necesaria para a salvagarda da cultura marítima’, e Soco Romano, Directora do Museo Naval de Gipúscoa, quen se ocupará do patrimonio marítimo no País Vasco.

A ‘Cita co Patrimonio Marítimo’ clausurarase o xoves 24 de xuño, no Concello de Pasaia (Pasai Donibane) coas conferencias de Xabier Agote Aizpurua, Presidente da Asociación Cultural Marítima Albaola e Director do Centro da Cultura Marítima Ondartxo (Recuperando o patrimonio marítimo a través da construción naval) e Xabier Alberdi Lonbide, Doutor en Historia no Departamento de Idade Media, Idade Moderna e Historia de América na Facultade de Filoloxía, Xeografía e Historia da UPV.

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu