• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Noticias

PortadaActualidadeNoticias
atrás

3.0/5 [4574 Voto/s]

05.05.2010

"Un mar de saberes" Xornada conmemorativa do Día Marítimo Europeo

A xornada “Un mar de saberes” organizase con motivo da celebración do Día Marítimo Europeo, que ten coma finalidade recuperar o mar e todo o con el relacionado como parte do acervo común de Europa

O próximo 22 de maio a Consellería do Mar, socio do proxecto DORNA, organiza en O Freixo – Outes (A Coruña) a xornada “Un mar de saberes”, evento conmemorativo do Día Marítimo Europeo que  ten como finalidade recuperar o mar e todo  o relacionado con él, como parte do acervo común de Europa.

Os proxectos europeos Fishernet - Fishing Heritage Network (Programa Cultura da Unión Europea), Dorna - Desenvolvemento Organizado e Sostible de Recursos no Noroeste Atlántico e NEA2 - Nautismo Espazo Atlántico 2, (Programa Espazo Atlántico), que teñen como cerne traballar sobre elementos patrimoniais vinculados ao mar, acordaron organizar conxuntamente unhas xornadas que a vez que reivindican o mar coma patrimonio común dos galegos e dos europeos, serva para mostrar os traballos en realización en tódolos proxectos.


O patrimonio cultural do mar ten en Galicia unha gran importancia; non sen causa o mar é un dos nosos elementos de identidade. Galicia é en canto é mariñeira e pescadora. E nesa identidade facemos de elementos do mar símbolos das nosas actividades cotiás ou lúdicas. A Rianxeira acompaña a un dos nosos equipos de fútbol, os Catro vellos mariñeiros cerran moitas noites de festa, as sardiñas fan do San Xoán a festa popular por excelencia. E todos sabemos que onde hai patrón non manda mariñeiro.


Pero o rico patrimonio marítimo de Galicia está en risco de abandono. Se non o facemos producir e xerar nova riqueza vai ser abandonado. Conservalo e  poñelo a producir é o elemento común dos tres proxectos europeos que convocan a xornada. Rescatar do esquecemento os saberes do mar e usalos para crear novas actividades e empregos. Nas áreas da cultura, da carpintería de ribeira e das actividades náuticas de lecer, traballan basicamente cada un dos proxectos e nelas se relacionan.

“Un mar de saberes” quere enfocar as olladas sobre o patrimonio marítimo galego e sobre o seu uso na xeración de riqueza, o que é o mesmo sobre a súa conservación.

 

Programa:
Día 22 de maio de 2010. Lugar: Salón de actos da lonxa de O Freixo.
10:00 h - Inauguración
10:30 h -  "Patrimonio Marítimo e nautismo" . Víctor Fernández González. Presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial
11:00 h - "A Carpintería de ribeira: valor patrimonial, valor de futuro". Gerardo Triñanes Domínguez. Presidente da Asociación galega de carpinteiros de ribeira
11:30 h - "A carpintería de ribeira na provincia de A Coruña no Antigo Rexime". José Manuel Vázquez Lijo. Historiador
12:00 h - Recital poético
12:30 h - Paseo Náutico / Visita a unha carpintería de ribeira
16:30 h - Paseo Náutico / Visita a unha carpintería de ribeira

 Twitter  Facebook  Technorati  Del.icio.us

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu