• Espaço Atlântico (Programa Transnacional)
  • Fundo Europeu de Desenvolvimento Regional

Actividades

PortadaProjecto DORNAPlano de trabalhoActividades
  • PROMOCIÓN E DIFUSIÓN internacional do proxecto e do Programa Espazo Atlántico

    Difusión a nivel internacional do proxecto DORNA e do Programa Espazo Atlántico a través de: numerosos eventos e accións, tais como páxina web, publicación de anuncios en prensa, cuñas de radio, materiais de promoción, exposicións, xornadas de presentación e de peche.

  • IDENTIFICACIÓN: Creación dunha base de datos do patrimonio náutico do Espazo Atlántico:

    Catalogación sistemática de embarcacións, técnicas de construción e navegación tradicional, etc. identificando o patrimonio náutico do Atlántico europeo para facilitar a supervivencia e valoración do oficio e modelos náuticos tradicionais.

  • INVESTIGACIÓN: Elaboración dun Plan de mellora de infraestruturas de estaleiros tradicionais:

    Crear un plan de mellora das infraestruturas físicas dos estaleiros tradicionais que poidan ser recuperados nas rexións do litoral atlántico europeo, para asegurar a súa conservación e posta en valor.

  • COMPETITIVIDADE E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL: Desenvolvemento da marca BATE (Barco Atlántico Tradicional Europeo):

    Estimúlase a busca de solucións para a mellora da competitividade dos estaleiros: comercialización; formación común, etc., favorecendo a supervivencia dos pequenos estaleiros a través das canles de comercialización e internacionalización de PEMEs.

  • INNOVACIÓN: Creación de Espazos de innovación na carpintería naval tradicional.

    O obxectivo é desenvolver unha estrutura de xestión que facilite a introdución con carácter permanente e continuo de criterios de investigación e innovación na construción de embarcacións tradicionais.

  • DIVERSIFICACIÓN das economías locais como factor de desenvolvemento.

    Promoción do patrimonio náutico do Espazo Atlántico como produto turístico de calidade e integrado, común a todos os países participantes, para favorecer así o desenvolvemento sustentable das economías locais a partir dun recurso endóxeno.

 

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Serviço de Planejamento, Desenvolvimento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu