• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Metodoloxía

PortadaProxecto DORNAPlan de traballoMetodoloxía

DORNA ten deseñado unha metodoloxía baseada nun método de traballo participativo, coa conformación de paneis, grupos de traballo, e reunións periódicas, no que se fomente o uso compartido de información e das ferramentas de traballo. A metodoloxía de traballo de DORNA é válida en todas as rexións participantes no proxecto, polo que será facilmente transferible a outras rexións no futuro.

 

O partenariado no deseño da metodoloxía de traballo, parte da necesidade de enfocar os métodos de traballo cara á consecución de resultados tanxibles, de xeito que as actividades que se leven a cabo conduzan a resultados satisfactorios e exemplares, que se poidan transferir, e teñan un valor engadido a nivel internacional, de tal xeito que se maximice a súa difusión territorial e a súa sustentabilidade, coa finalidade de perpetuar os efectos positivos que destes se derive.

O enfoque integral permite que, partindo dun obxectivo moi concreto como é a conservación e recuperación da náutica tradicional, se articulen distintas accións destinadas á protección e promoción da cultura do Espazo Atlántico, á diversificación económica das rexións implicadas no proxecto e á protección ambiental.

As accións de DORNA promoven a transferencia de coñecementos de importancia internacional para o partenariado e as rexións implicadas, e correlativamente diseminaranse os beneficios e os resultados esperados para facilitar a transferencia das boas prácticas acaecidas na execución deste proxecto.

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu